Monday 13 de May de 2024

Alternativa leva a comisións a falta de transparencia nas redes sociais municipais


Alternativa de Cambre leva detectando duns meses cara aquí, que o perfil do oficial do Concello de Cambre na rede social Facebook non se poden ver a totalidade dos comentarios publicados pola veciñanza.

Tamén chegaron queixas ao grupo municipal de que na devandita rede social estanse a ocultar as opinións que non se consideran pertinentes.

No principio da lexislatura xa se denunciou este uso non transparente e partidista da rede social municipal e dende o goberno tomaron as medidas pertinentes en aras de dar cumprimento á transparencia. Pero agora a historia vólvese repetir a tan so uns meses das vindeiras eleccións.
O voceiro de Alternativa de Cambre, Raúl Varela, esixirá solucións e pedirá as explicacións pertinentes nas vindeiras comisións informativas que se celebraran o vindeiro xoves.